Annie Hall | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Annie Hall |
Director | Woody Allen |
Produtor | Charles H. Joffe |
Guión | Woody Allen Marshall Brickman |
Intérpretes | |
Fotografía | Gordon Willis |
Montaxe | Ralph Rosenblum |
Distribuidora | United Artists |
Estrea | 20 de abril de 1977 18 de xullo de 1992 (TVG: versión subtitulada) 29 de xuño de 2021 (TVG: versión dobrada) |
Duración | 93 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia romántica |
Orzamento | $4 000 000 |
Recadación | $38 300 000 |
Na rede | |
Annie Hall é un filme estadounidense de comedia romántica dirixido por Woody Allen que se estreou en 1977. O guión é obra de Allen e Marshall Brickman. Producido por Charles H. Joffe, está protagonizado polo propio Allen intepretando a Alvy "Max" Singer, que tenta descubrir a razón do fracaso da súa relación con Annie, intepretada por Diane Keaton nun papel escrito especificamente para ela.
A fotografía principal do filme comezou o 19 de maio de 1976 en South Fork de Long Island, e continuou durante os próximos dez meses. Allen describiu o resultado, que marcou a súa primeira colaboración con Gordon Willis, como "un importante punto de inflexión",[1] no que a diferenza das comedias nas que traballara até daquela, introduciu un novo nivel de seriedade. Os académicos salientaron o contraste nos escenarios de Nova York e Os Ánxeles, os estereotipos de diferenzas de xénero na sexualidade, a presentación da identidade xudía, e os elementos da psicanálise e o modernismo.
Foi estreado en galego na TVG o 18 de xullo de 1992.[2], en versión subtitulada, e o 29 de xuño de 2021 en versión dobrada[3].