Anverso[1] (do latín anteversus, composto de ante, diante, e versus, volto) é a cara ou face que se considera principal nas moedas e medallas por levar o busto ou efixie do rei, príncipe, persoa, divisa ou alegoría. É o contrario de reverso.
Por extensión, tamén se chama anverso á cara principal de por exemplo un sobre ou un papel notarial numerado, etc.