Apollo 10


Apollo 10
Insignia da misión
Insignia da misión
Datos da misión
Misión: Apollo 10
Nome dos módulos: Módulo de mando:
Charlie Brown
Módulo lunar:
Snoopy
Rampla de lanzamento: Centro Espacial Kennedy, Florida
LC 39A
Engalaxe: 18 de maio de 1969
16:49:00 UTC
Amaraxe: 26 de maio de 1969
16:52:23 UTC
15°2′S 164°39′O / -15.033, -164.650
Duración: 8 días 0 h 03 min 23 s
Número de órbitas lunares: 31
Tempo en órbitas lunares: 61 h 37 min 23.6 s
Do 21 de maio 20:44:54 ata o 24 de maio 10:25:29 UTC
Masa: MC: 30.320 kg;
ML: 16.448 kg
Foto da tripulación
E-D: Cernan, Young e Stafford
E-D: Cernan, Young e Stafford
Outras misións
Anterior misión Seguinte misión
Apollo 9 Apollo 11

Apollo 10 foi a cuarta misión tripulada do programa Apollo (denominada oficialmente como AS-505) dos Estados Unidos, a segunda tralo Apollo 8 en orbitar a Lúa. Lanzada o 18 de maio de 1969, foi a denominada "misión F": unha proba para o primeiro aterraxe lunar, probando os compoñentes e procedementos sen chegar a completar a aterraxe. O módulo lunar seguiu unha órbita de descenso ata uns 15,6 km da superficie lunar.[1]

Os seus tripulantes foron Thomas Stafford -comandante-, John W. Young e Eugene A. Cernan.[2]

Módulo de mando «Charlie Brown».

Esta misión foi unha combinación das dúas anteriores, xa que por primeira vez situouse o módulo lunar (L.M.) nunha órbita próxima á Lúa, e realizáronse alí as manobras necesarias que xa se efectuaron en órbita ao redor da Terra.

Stafford e Cernan situáronse no módulo lunar "Snoopy", tras abandonar o de mando e servizo C.S.M., e lograron situarse en órbita lunar elíptica, cuxo perilunio quedou situado a uns 14 quilómetros sobre a súa superficie.[3]

Durante a segunda e última volta á Lúa o módulo lunar perdeu o control, recuperado pouco despois polo seu piloto Thomas Stafford. Tras finalizar esta manobra, abandonouse o módulo lunar, que foi lanzado en órbita ao redor do Sol, e tras embarcar no módulo de mando «Charlie Brown», dirixíronse á Terra.[4]

Esta misión supuxo o ensaio final do descenso á Lúa, realizándose ademais multitude de fotografías das zonas de aluaxe nas 31 órbitas que realizou á mesma. Amarou o día 26 de maio tras 192 horas, 3 minutos e 23 segundos de voo.[5]

  1. "Mission Report: Apollo 10". NASA. 17 de xuño de 1969. MR-4. Consultado o 11 de setembro de 2012. 
  2. "Apollo 10". NASA (en inglés). 
  3. "Apollo 10 (AS-505)". Smithsonian National Air and Space Museum (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2020. Consultado o 11 de xaneiro de 2020. 
  4. "Mission Report: Apollo 10". NASA (en inglés). 17 de xuño de 1969. 
  5. "Apollo 10 (AS-505)-Facts". Smithsonian National Air and Space Museum (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2021. Consultado o 11 de xaneiro de 2018. 

Apollo 10

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne