Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Apolo 12 | |||||
Datos da misión | |||||
---|---|---|---|---|---|
Misión: | Apolo 12 | ||||
Nome dos módulos: | Módulo de mando: Yankee Clipper Módulo lunar: Intrepid | ||||
Rampla de lanzamento: | Centro Espacial Kennedy, Florida LC 39A | ||||
Engalaxe: | 14 de novembro de 1969 16:22:00 UTC | ||||
Aluaxe: | 19 de novembro de 1969 06:54:35 UTC 3° 0' 44.60" S 23° 25' 17.65" W Oceanus Procellarum/Mare Cognitium | ||||
Tempo AEV lunar: | 1º: 3 h 56 min 03 s 2º: 3 h 49 min 15 s Total: 7 h 45 min 18 s | ||||
Tempo na superficie da Lúa: | 31 h 31 m | ||||
Cantidade de mostras: | 34.35 kg | ||||
Amaraxe: | 24 de novembro de 1969 20:58:24 UTC 15°47′S 165°9′O / -15.783, -165.150 | ||||
Duración: | 10 d 4 h 36 m 24 s | ||||
Número de órbitas lunares: | 45 | ||||
Tempo en órbitas lunares: | 88 h 58 min 11.52 s | ||||
Masa: | MC: 28.838 kg; ML: 15.235 kg | ||||
Foto da tripulación | |||||
E-D: Conrad, Gordon, Bean | |||||
Outras misións | |||||
|
O Apollo 12 foi o sexto voo tripulado do Programa Apollo dos Estados Unidos, e o segundo en aterrar na Lúa. Lanzouse o 14 de novembro de 1969 dende o Centro Espacial Kennedy en Florida, catro meses despois do Apollo 11. O comandante da misión Charles "Pete" Conrad e o piloto do módulo lunar Alan L. Bean levaron a cabo un día e sete horas de actividade na superficie lunar mentres o piloto do módulo de mando Richard F. Gordon permaneceu na órbita lunar. O lugar de aterraxe da misión foi na porción sueste do Océano de Tormentas.
Ó contrario que a primeira chegada á Lúa no Apollo 11, Conrad e Bean acadaron unha aluaxe precisa no lugar esperado, o lugar da misión non tripulada Surveyor 3, que aluara o 20 de abril de 1967. No seu equipo levaron a primeira cámara de televisión a cor á superficie da Lúa nun voo Apollo, pero a transmisión perdeuse debido a que Bean destruíu accidentalmente a cámara ó apuntar con ela cara ó Sol. Nunha das dúas camiñadas lunares, visitaron o Surveyor e recolleron algunhas partes para levalas de volta á Terra. A misión rematou o 24 de novembro cunha amaraxe exitosa.