(2016) | |
Nome orixinal | (eu) Arnaldo Otegi Mondragon |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 6 de xullo de 1958 (66 anos) Elgóibar, España |
Secretario xeral de Euskal Herria Bildu | |
17 de xuño de 2017 – | |
Secretario xeral de Sortu | |
24 de febreiro de 2013 – 21 de xaneiro de 2017 | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
8 de xuño de 2001 – 16 de maio de 2005 Lexislatura: VII lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Guipúscoa | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
25 de novembro de 1998 – 8 de xuño de 2001 Lexislatura: VI lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Guipúscoa | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
27 de setembro de 1995 – 25 de novembro de 1998 ← Begoña Arrondo Lexislatura: V lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Guipúscoa | |
Datos persoais | |
Educación | Facultade de filosofía de Zorroaga Universidad Nacional de Educación a Distancia - Filosofía e Letras |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Herri Batasuna (–2001) Batasuna (2001–2003) Euskal Herria Bildu Euskal Herritarrok Sortu |
Membro de | |
Arnaldo Otegi Mondragon, nado en Elgoibar o 6 de xullo de 1958, é un político vasco de ideoloxía marxista e independentista vasca. Foi voceiro de Batasuna e parlamentario vasco de Herri Batasuna e Euskal Herritarrok, as tres declaradas ilegais en España en 2003 por ser consideradas baixo tutela de Euskadi Ta Askatasuna.[1] Foi tamén militante da desaparecida organización armada ETA político-militar.[2]
Foi condenado a seis anos e medio de cárcere por pertenza a organización terrorista no chamado «caso Bateragune».[3] No 2013, estando en prisión, foi elixido secretario xeral de Sortu. O 1 de marzo de 2016, foi posto en liberdade logo de cumprir a súa condena íntegra.[4]