Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2014.) |
O asasinato de Saraxevo foi evento histórico ocorrido o 28 de xuño de 1914 no que o arquiduque Francisco Fernando, herdeiro do Imperio Austrohúngaro e súa dona Sofía Chotek foron asasinados na cidade de Saraxevo, capital da actual Bosnia e Hercegovina, por Gavrilo Princip, membro da Bosnia Moza, un grupo terrorista que loitaba pola unificación da Terra dos Eslavos do Sur (Iugoslavia). As consecuencias levaron ao comezo da primeira guerra mundial.