Asedio de Barcelona | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Guerra de Sucesión Española | |||||||||
Bloqueo e asedio de Barcelona (1713-1714) | |||||||||
| |||||||||
Belixerantes | |||||||||
Dúas Coroas borbónicas | Tres Comúns de Cataluña | ||||||||
Líderes | |||||||||
Exército Borbónico Duque de Populi |
Exército de Cataluña Antonio de Villarroel | ||||||||
Forzas en combate | |||||||||
40.000 homes 150 pezas de artillaría |
2.000 homes do Exército de Cataluña 4.700 homes da Coronela 470 de cabalaría 258 pezas de artillaría | ||||||||
Baixas | |||||||||
10.000-14.200 mortos ou feridos | 6.850-8.500 mortos ou feridos |
O asedio de Barcelona foi unha operación militar central dentro da Guerra de Cataluña, derradeiro episodio hispánico da Guerra de Sucesión Española, entre o 25 de xullo de 1713 e o 11 de setembro de 1714. Malia que Barcelona xa fora asediada nesa mesma guerra uns anos antes, no Asedio de Barcelona (1706) - implicando a tropas das grandes potencias, durante a Guerra de Cataluña, os exércitos estranxeiros foran evacuados. Neste conflito enfrontáronse os defensores de Barcelona, compostos pola Coronela, o exército regular catalán con tropas procedentes do resto de territorios da Coroa de Aragón, e soldados doutros territorios que apoiaban a Carlos VI. O asedio foi proposto polo duque de Popoli, inicialmente máis como un bloqueo con aires de terrorismo bombardeiro, e non como un asalto propiamente dito, xa que agardaba a rendición por esgotamento da cidade. En xullo de 1713, a entrada en xogo dun exército proveniente do Reino de Francia para apoiar o exército español, provocado polo cambio de dirección militar cara ó Duque de Berwick, decantou severamente o devir do asedio, converténdose nun asalto de trincheiras e minas nas murallas. Moi superados en número, e completamente rodeados de soldados borbónicos, os defensores foron totalmente eliminados.