Asterismo

En astronomía chámase asterismo ó conxunto de estrelas que vistas dende o ceo da Terra parecen formar unha figura pero que a diferenza dunha constelación non ten un recoñecemento oficial por parte da comunidade científica. En 1930 a Unión Astronómica Internacional adoptou o catálogo de constelacións usado actualmente, calquera outra agrupación de estrelas é considerada coma un asterismo.

Exemplos notables de asterismos son:

Algúns asterismos antigos son considerados actualmente constelacións, coma a Cabeleira de Berenice, constelación catalogada por primeira vez por Tycho Brahe.

Non necesariamente os asterismos están formados por grupos de estrelas que se reparten por un amplo sector do firmamento. Algúns deles sinxelamente son agrupacións ambiguas ou pouco claras de estrelas que confundiron ós astrónomos durante séculos acerca da súa orixe ou da súa tipoloxía, tales coma o asterismo Collinder 399 ou M73.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.


Asterismo

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne