Un astronauta ( pronunciación (axuda · info)) é unha persoa instruída e adestrada para comandar, pilotar ou tripular unha astronave.
Existen outras denominacións derivadas das diversas linguas: ós soviéticos ou rusos chámaselles cosmonautas e ós chineses, taiconautas: O termo cosmonauta vén do ruso kosmonavt (космонавт), derivado á súa vez do grego kosmos (κοσμος, universo) e nautes (ναύτης, navegante); taiconauta é un neoloxismo formado a partir do chinés 太空 (tàikōng, espazo) e o grego ναύτης (nautes, navegante), ambos de xeito semellante a astronauta (do latín e o grego). Como curiosidade, a verba oficial chinesa para nomear un astronauta é 宇航員 (yǔhángyuán) pero o termo taikonaut emprégase nos medios de comunicación para nomear ós astronautas chineses[1].