Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Atari | |
---|---|
Tipo | marca comercial, empresa e distribuidora de videoxogos |
Data de fundación | 27 de xuño de 1972 |
Fundador(es) | Nolan Bushnell e Ted Dabney |
Nº de empregados | 232 (2006) |
Traballos destacados | Atari 50: The Anniversary Celebration |
Eventos/Actividades | Crash dos videogames de 1983 e enterro de videoxogos de Atari |
Organización matriz | Warner Communications |
Sede | California |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
https://www.atari.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Atari, Inc. é unha empresa que desenvolve, publica e distribúe videoxogos para consolas e ordenadores persoais. É unha das produtoras independentes de videoxogos máis grande de Estados Unidos. É propiedade de Infogrames Entertainment S.A. (IESA).
A empresa que actualmente leva o nome Atari foi fundada en 1993 co nome de GT Interactive. GT Interactive foi adquirido por IESA en 1999 e mudou o seu nome a Infogrames Inc. Infogrames adquiriu a marca Atari, comprándolla a Hasbro Interactive, quen xa lla comprara a JTS Corporation.
Infogrames, Inc. usou en ocasións o nome Atari como marca, para títulos especiais, antes de que IESA cambiase oficialmente o seu nome a Atari, Inc no ano 2003.
A Atari orixinal foi pioneira en xogos arcade, videoxogos caseiros e microordenadores persoais, e o seu dominio nesta área foi total desde principios ata mediados da década dos anos 1980. A marca tamén foi usada varias veces por Atari Games, unha división da empresa en 1984.
O nome do logo de Atari é "Fuji".