Augas territoriais

as zonas marítimas de acordo á Convención das Nacións Unidas sobre o Dereito do Mar.

Augas territoriais ou mar territorial, tal como a define a Convención das Nacións Unidas sobre o Dereito do Mar de 1982,[1] é un cinto de augas que se estenden a máis de 12 millas náuticas (22´2 km.) desde a liña de base (normalmente a marca media da baixamar) dun estado costeiro. O mar territorial está considerado como territorio soberano do estado, aínda que se permite o paso inocente dos barcos estranxeiros (civís) a través dela, ou paso de tránsito nos estreitos; esta soberanía tamén se estende ata o espazo aéreo e o fondo do mar. O axuste destes límites chámase, no dereito internacional, delimitación marítima.

O termo "augas territoriais" ás veces úsase informalmente para referirse a calquera superficie de auga sobre a que un estado ten xurisdición, incluíndo as augas internas, a zona contigua, a zona económica exclusiva e potencialmente a plataforma continental.

  1. "UNITED NATIONS CONVENTION ON THE LAW OF THE SEA". Consultado o 27 de abril de 2016. 

Augas territoriais

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne