Republik Österreich (de) Österreich (de) | |||||
Himno | Land der Berge, Land am Strome | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Cyrraedd ac Adfer» | ||||
Epónimo | leste | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Viena | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 8.979.894 (2022) (107,06 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua alemá língua de sinais austríaca (pt) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 83.878,99 km² | ||||
Auga | 1,7 % | ||||
Bañado por | Lago Constanza, Lago de Neusiedl (pt) , Río Rin, Río Danubio, Río Inn, Rio Salzach (pt) , Thaya (en) e río Morava | ||||
Punto máis alto | Grossglockner (pt) (3.798 m) | ||||
Punto máis baixo | Lago de Neusiedl (pt) (115 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 12 de novembro de 1918 | ||||
Día festivo | Aninovo (1 de xaneiro) Epifanía (6 de xaneiro) Luns de Pascua (Easter + 1 day (en) ) Día Internacional dos Traballadores (1 de maio) Día da Ascensión (Easter + 39 days (en) ) Segunda-feira de Pentecostes (pt) (Easter + 50 days (en) ) Corpus Christi (Easter + 60 days (en) ) Asunción de María National Holiday (en) (26 de outubro) Festa da Inmaculada Concepción (8 de decembro) Día de Tódolos Santos (1 de novembro) Nadal (25 de decembro) Día de Santo Estevo (26 de decembro) | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república federal parlamentarista (pt) República semipresidencialista | ||||
• Presidente | Alexander Van der Bellen (2017–) | ||||
Órgano executivo | Austrian Federal Government (en) | ||||
• Chanceler | Karl Nehammer (2021–) | ||||
Órgano lexislativo | Parlamento Austríaco (pt) , | ||||
Máxima autoridade xudicial | Constitutional Court of Austria (en) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 480.368.403.893 $ (2021) | ||||
Orzamento | 123.488.300.000 € (2024) | ||||
Moeda | euro | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .at | ||||
Prefixo telefónico | +43 | ||||
Teléfono de emerxencia | 112, 122, 133, 144 (pt) , 140 (en) , 120 (pt) e 123 | ||||
Código de país | AT | ||||
Código NUTS | AT | ||||
Austria ( pronunciación (axuda · info)) (en alemán: Österreich, [ˈøːstɐˌʁaɪç] (axuda · info)), oficialmente República de Austria ( pronunciación (axuda · info)) (en alemán: Republik Österreich, [Republik Österreich] (axuda · info))), é un estado da Europa central sen saída cara ao mar, con máis de 9,0 millóns de habitantes. Fai fronteira con Alemaña e a República Checa ao norte, Eslovaquia e Hungría ao leste, Eslovenia e Italia ao sur, e Suíza e Liechtenstein ao oeste. O territorio de Austria abrangue 83.872 quilómetros cadrados e posúe un clima temperado e alpino. O terreo austríaco é altamente montañoso debido á presenza dos Alpes, polo que tan só o 32% do país se atopa por debaixo dos 500 metros, sendo o seu punto máis alto 3.798 metros.[1] A meirande parte da poboación fala en lingua alemá, a cal é o idioma oficial da República.[2][3] A parte do alemán, son linguas rexionais oficiais o croata, o esloveno e o húngaro.
As orixes de Austria datan da época do Imperio Romano, cando un reino celta foi conquistado polos romanos ao redor do ano 15 a.C.. Ese territorio pasou a ser a mediados do século I a provincia romana de Noricum, nunha área que se correspondería aproximadamente ao actual país. No ano 788 d.C., o rei franco Carlomagno conquistou a area e introduciu o cristianismo. Baixo a dinastía Habsburgo, Austria converteuse nunha das principais potencias europeas.[4][5] En 1867, o Imperio Austríaco pasou a ser Austria-Hungría.
O Imperio Austro-Húngaro colapsou en 1918 co fin da primeira guerra mundial, sendo establecida en 1919 a Primeira República Austríaca. No Anschluss de 1938, Austria foi ocupada e anexionada pola Alemaña nazi.[6] Esta situación durou até a fin da segunda guerra mundial en 1945, despois de que o país fose ocupado polas forzas aliadas, sendo restaurada a súa antiga constitución democrática. En 1955, despois da restauración definitiva do Estado, Austria declarouse permanentemente neutral.
Hoxe, Austria é unha democracia parlamentaria composta por nove estados federais. A capital, e cidade maior do país, con 1,93 millóns de habitantes, é Viena. Austria é ademais un dos países máis ricos do mundo, cun PIB nominal per cápita de 43.723 dólares estadounidenses. O país desenvolveu pois un alto nivel de vida, e en 2008 era o número catorce do mundo en Índice de Desenvolvemento Humano. Austria é membro das Nacións Unidas dende 1955, forma parte da Unión Europea dende 1995 e é membro fundador da OCDE.[7] Austria tamén asinou o Acordo de Schengen en 1995,[8] adoptando como moeda o euro en 1999.