Autoridade Portuaria de Vigo | |
---|---|
Fachada da Praza da Estrela. | |
Tipo | autoridade portuária |
Área de operación | porto de Vigo |
Sede | Vigo |
País | Galicia |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Autoridade Portuaria de Vigo é o organismo responsábel do porto de Vigo. Ten a súa sede na praza da Estrela de Vigo. Antes de ter a denominación actual foi coñecida como Xunta de Obras do Porto de Vigo e mais como Xunta do Porto e Ría de Vigo.
É unha das 28 Autoridades Portuarias que compoñen o Organismo Público Estatal: Puertos del Estado. A maioría das infraestruturas portuarias dedícanse ao transporte marítimo e pesca. Á parte do dominio público hai tamén unha parte dedicada ás empresas conserveiras e estaleiros.