Diagrama da histoloxía dun axón que mostra a localización do axolema no axón.Neurona multipolar da que parte un axón
Denomínase axolema á parte da membrana plasmática dunha neurona que rodea o seu axón. Á parte das súas funcións xerais como membrana celular, ten importantes funcións no sistema nervioso, xa que é responsable de manter o potencial de membrana ao conter canles iónicas a través das cales poden intercambiarse ións rapidamente entre o interior e o exterior da neurona.[1][2]
↑Moreno Benavides, C (2017). "cap.3: Ultrastructura del axón". En Moreno Benavides, C; Velásquez-Torres, A; Amador-Muñoz, D; López-Guzmán, S. El nervio periférico: Estructura y función. Colombia: Universidad del Rosario, Textos Escuela de Medicina y Ciencias de la Salud.