O nome azucre[1] utilízase para diferentes monosacáridos e disacáridos, que xeralmente teñen sabor doce, aínda que por extensión refírese a todos os hidratos de carbono. A forma máis común de azucre consiste en sacarosa no estado sólido e cristalino, e úsase para alterar (adozar) o sabor de bebidas e alimentos.
Valor nutricional por 100 g | |
---|---|
Enerxía | 1 576 kJ (377 kcal) |
97.33 g | |
Azucres | 96.21 g |
Fibra alimentaria | 0 g |
0 g | |
0 g | |
Vitaminas | Cantidade %DV† |
Tiamina (B1) | 1% 0.008 mg |
Riboflavina (B2) | 1% 0.007 mg |
Niacina (B3) | 1% 0.082 mg |
Vitamina B6 | 2% 0.026 mg |
Ácido fólico (B9) | 0% 1 μg |
Minerais | Cantidade %DV† |
Calcio | 9% 85 mg |
Ferro | 15% 1.91 mg |
Magnesio | 8% 29 mg |
Fósforo | 3% 22 mg |
Potasio | 3% 133 mg |
Sodio | 3% 39 mg |
Cinc | 2% 0.18 mg |
Outros constituíntes | Cantidade |
Auga | 1.77 g |
| |
†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. |
Valor nutricional por 100 g | |
---|---|
Enerxía | 1 619 kJ (387 kcal) |
99.98 g | |
Azucres | 99.91 g |
Fibra alimentaria | 0 g |
0 g | |
0 g | |
Vitaminas | Cantidade %DV† |
Riboflavina (B2) | 2% 0.019 mg |
Minerais | Cantidade %DV† |
Calcio | 0% 1 mg |
Ferro | 0% 0.01 mg |
Potasio | 0% 2 mg |
Outros constituíntes | Cantidade |
Auga | 0.03 g |
| |
†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. |
O azucre de mesa normalmente consumido corresponde á sacarosa, un disacárido[2] formado por unha molécula de glicosa e unha de frutosa, que se obtén frecuentemente da cana de azucre ou da remolacha. A sacarosa utilízase para dar un sabor doce ás comidas e na fabricación de confeitos, pasteis, conservas, bebidas alcohólicas e non alcohólicas, entre moitos outros produtos. Como material alimenticio básico, a sacarosa fornece aproximadamente un 13% da enerxía que proporcionan os alimentos. A sacarosa está presente en cantidades limitadas en moitas plantas, ata en varias palmeiras, pero a remolacha azucreira e a cana de azucre son as únicas fontes importantes para o comercio. Máis do 50% do consumo mundial de azucre obtense da cana de azucre, que crece en climas tropicais e subtropicais. O resto procede da remolacha azucreira, que crece en países temperados e é a fonte principal de azucre para a maior parte de Europa.
Cada día é máis frecuente en pratos e doces preparados atoparse outros azucres diferentes como a glicosa ou a frutosa (pola súa asimilación máis lenta) ou mesturados con adozantes artificiais.
Outros azucres son a galactosa e a lactosa.