Bacillus anthracis | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Fotomicrografía de Bacillus anthracis (tinguidura de esporas con fucsina-azul de metileno) | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Bacillus anthracis Cohn 1872 |
Bacillus anthracis é unha especie bacteriana grampositiva causante do carbúnculo ou carbuncho (en inglés chamado anthrax), que afecta ao gando e ocasionalmente a humanos, e é a única especie patóxena obrigada do xénero Bacillus.[1] É un bacilo grampositivo, formador de endósporas, de 1-1,2 µm de largo e 3-5 µm de longo.[1] Pode cultivarse nun medio nutriente ordinario en condicións aeróbicas ou anaeróbicas.[2]
É unha das poucas bacterias que sintetizan unha cápsula proteica (de poli-ácido D-gamma-glutámico). Igual que Bordetella pertussis, forma unha exotoxina de adenilato ciclase dependente de calmodulina chamada factor edema do ántrax, e ademais o factor letal. Ten unha grande semellanza xenotípica e fenotípica con Bacillus cereus e Bacillus thuringiensis. Estas tres especies comparten morfoloxía e tamaño e todas forman esporas ovais localizadas no centro da célula sen que esta inche ou avulte. As esporas de B. anthracis son moi resistentes, e poden sobrevivir a temperaturas extremas, ambientes con poucos nutrientes, e tratamentos químicos fortes durante décadas ou séculos.