Banbury é unha vila situada na ribeira do río Cherwell en Oxfordshire, Inglaterra. Conta con 41 802 habitantes (2001) e forma parte do distrito de Cherwell. É o centro comercial dunha rexión rural coñecida, informalmente, como Banburyshire que ademais do distrito de Cherwell comprende zonas de Northamptonshire e Warwickshire.