Baralla de cartas

Cartas de tarot de estilo austríaco.
Doce cartas de distintas confeccións vistas de dorso. Obsérvase que poden usarse deseños xeométricos simples ou debuxos máis elaborados.

Unha baralla[1] é un conxunto de naipes ou cartas. Os naipes son tarxetas de cartón, que teñen unha cara frontal con debuxos, números e/ou letras que permite diferencialas. Ao dorso habitualmente teñen un deseño uniforme que impide identificalas. Adoitan empregarse para os xogos de cartas, aínda que tamén se empregan en ilusionismo, xogos de mans,[2][3] lanzamento de cartas,[4] e construción de castelos de cartas, ademais de seren obxectos de colección. Algunhas barallas de tarot tamén se empregan para a adiviñación.

Existen diferentes tipos de barallas, as tradicionais, xeralmente asociadas a algunha cultura, por exemplo a baralla española, a inglesa, a francesa ou a de tarot. Entre as modernas, destacan as barallas para os xogos de cartas coleccionables.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para baralla.
  2. Pang, Kevin (21 de abril de 2015). "72 Hours Inside the Eye-Popping World of Cardistry". Vanity Fair. Consultado o 29 de xullo de 2019. 
  3. Cepeda, Esther (26 de xullo de 2019). "Cardistry transforms deck of cards into performance art". Post Independent. Consultado o 28 de xullo de 2019. 
  4. Klimek, Chris (30 de novembro de 2018). "Ricky Jay Remembered, From The Wings: An Assistant's Thoughts On The Late Magician". NPR. Consultado o 29 de xullo de 2019. The second act climaxed with him throwing cards into watermelon, first the squishy interior, then the "pachydermatic outer melon layer." 

Baralla de cartas

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne