Batasuna

Batasuna
Partido político do País Vasco e Navarra
Ilegalizado en España
Dirixentes e organización
LíderArnaldo Otegi
(voceiro)
Xabier Larralde
MocidadesSegi
Historia
Fundación23 de xuño de 2001
Disolución3 de xaneiro de 2013
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo vasco
Independentismo
Socialismo
Anticapitalismo
Outros datos
SedePamplona/Iruña

Batasuna (en éuscaro, Unidade) foi un partido político vasco independentista e de esquerdas. Era considerado o brazo político da organización armada Euskadi Ta Askatasuna segundo a xustiza española e a Unión Europea.[1] Tiña presenza na Comunidade Autónoma Vasca, Navarra e Iparralde. Formaba parte da chamada esquerda abertzale e do Movemento de Liberación Nacional Vasco (MLNV).

Defendía a independencia do País Vasco de España e Francia (Euskal Herria), así como o desenvolvemento dunha sociedade socialista que respectase os principios sociais, culturais e políticos característicos do pobo vasco. Para acadar este obxectivo, defendía o principio da revolución social.

  1. "Lista de persoas e organizacións terroristas" (en castelán). 27 de xullo de 2003. 

Batasuna

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne