Baviera

Modelo:Xeografía políticaBaviera
Freistaat Bayern (de) Editar o valor en Wikidata

HimnoBayernhymne Editar o valor en Wikidata

EpónimoBávaros (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 49°04′43″N 11°23′08″L / 49.0786, 11.3856
EstadoAlemaña Editar o valor en Wikidata
CapitalMúnic Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación13.124.737 (2019) Editar o valor en Wikidata (186,03 hab./km²)
Lingua oficialHochdeutsch (pt) Traducir
Lingua bavaresa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie70.551 km² Editar o valor en Wikidata
Auga2 % Editar o valor en Wikidata
Altitude503 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoZugspitze (2.962,06 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoKahl am Main (pt) Traducir (110 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación12 de xaneiro de 1919 Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Santo padrónSanta María Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernoRepública parlamentaria Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGovernment of Bavaria (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Minister-President of Bavaria (en) Traducir Editar o valor en WikidataMarkus Söder (2018–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoLandtag of Bavaria (en) Traducir , (Escano: 205) Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialBavarian Constitutional Court (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Orzamento71.424.666.800 € (2023) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.bayern Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2DE-BY Editar o valor en Wikidata
Código NUTSDE2 Editar o valor en Wikidata
Clave de rexión en Alemaña09 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webbayern.de Editar o valor en Wikidata
Facebook: bayern Instagram: bayern.de LinkedIn: bayernde Youtube: UCfdT0WlvDerbcQ5E0CjJAZA BNE: XX450777 Editar o valor en Wikidata
Bandeira civil de Baviera

Baviera[1] (en alemán Bayern e en bávaro Boarn) ou, na súa designación oficial, Estado Libre da Baviera (Freistaat Bayern dende que deixou de ser un reino en novembro de 1918), é o meirande en superficie dos 16 estados federais (Länder) da Alemaña. Localizado no extremo sueste do país, ten unha área de 70 553 km² e 12 millóns de habitantes que cultivan as tradicións coma en ningunha outra parte de Alemaña. A súa capital é Múnic.

Ata a década de 1950 predominaba en Baviera a agricultura como principal fonte económica. Aínda hoxe, a rexión prealpina e outras partes do territorio bávaro dependen da agricultura e da silvicultura. A partir de mediados do século pasado, transformouse nun moderno estado industrial e de prestación de servizos. Baviera converteuse, asemade, no primeiro centro da tecnoloxía avanzada en Alemaña. Cómpre salienta-la tecnoloxía da información e comunicación, biotecnoloxía, tecnoloxía xenética e técnica medicinal. Por outra banda, o estado debe o seu grande atractivo turístico á rica herdanza histórico-cultural, así como á beleza das paisaxes. Por exemplo, a beleza dos Alpes, co cume máis alto de Alemaña -o Zugspitze (2.962 metros)-, a rexión pre-alpina ten grandes lagos como o Chiemsee e mailo Königssee, o Parque Nacional da Foresta Bávara (Bayerischer Wald), os bosques Fränkische Alb, Fichtelgebirge Steigerwald etc.

Existe gran cantidade de parques urbanos –como o de Schönbusch en Aschaffenburg, o Hofgarten en Ansbach ou o Xardín Inglés (Englischer Garten) en Múnic- amais de castelos e pazos. Cómpre salienta-los erixidos na época de Ludwig II: Lindenhof, Neuschwanstein e Herrenschiemsee.

O traxe típico, o Jäger, vístese na actualidade durante a celebración das festividades populares, como a festa anual da cervexa, a Oktoberfest, en Múnic, que goza de sona internacional, e que é elaborada segundo a Lei da pureza de 1516. O lúpulo co que se produce é cultivado no propio estado.

A capital, Múnic, un centro significativo da ciencia e da investigación, conta cunha das meirandes bibliotecas de Europa, a Biblioteca Estatal Bávara, con máis de 6 millóns de volumes. Así mesmo localizánse na capital bávara o Instituto Max Planck de Física do Plasma, o Deutsches Museum, a maior colección mundial da historia das ciencias naturais e da técnica, alén de numerosas edificacións históricas e museos de arte. A antiga división de Baviera era en tres zonas tradicionalmente ben definidas: Suevia, Franconia e A Vella Baviera.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bavarés.

Baviera

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne