Beleriand é un lugar ficticio pertencente ó legendarium do escritor británico J. R. R. Tolkien, e que aparece na súa novela O Silmarillion. Neste libro, cóntase a historia das primeiras idades da Terra Media nun estilo semellante ó dos contos heroicos da literatura nórdica.[1] Era un sub continente situado no oeste[2] da Terra Media durante a Primeira Idade do Sol. Orixinalmente, o nome pertenceu só á área arredor da baía de Balar, pero co tempo o nome aplicouse á rexión enteira.
O nome Beleriand na lingua élfica sindarin tradúcese como ‘grandes terras’ (bele = ‘amplo’, ‘ancho’, ‘grande’; and = ‘terra’). Beleriand tamén aparece no The Book of Lost Tales.[3]