Benzodiacepina

Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Estrutura química das benzodiacepinas. "R" sinala as localizacións comúns dos grupos sustitutorios, que orixinan as diferentes benzodiacepinas.
Estrutura química do diacepam, unha das benzodiacepinas máis coñecidas.

As benzodiacepinas (BZD) son unha clase de fármacos con efectos hipnóticos, ansiolíticos, anticonvulsivos, amnésicos e miorrelaxantes (relaxantes musculares).

Desde o punto de vista químico son bases orgánicas e todas comparten unha estrutura composta por un anel de benceno con seis elementos, o cal está unido a un anel de diacepina de sete elementos. Cada benzodiacepina específica fórmase pola substitución de diversos radicais, en diferentes posicións da estrutura anteriormente comentada.

Trátase de medicamentos deseñados para tratar a ansiedade e tamén o insomnio. Tamén serven e se utilizan para desintoxicar a pacientes alcohólicos. De feito son uns dos medicamentos máis prescritos polos médicos en case todo o mundo[1].

A denominación destes compostos adoita peculiarizarse pola terminación -lam ou -lan (triazolam, oxazolam, estazolam) e pola terminación -pam e -pan (diacepam, loracepam, lormetacepam, fluracepam, flunitracepam, clonacepam). Non obstante, hai excepcións como o cloracepato dipotásico (Tranxilium) ou o clordiacepóxido (Librium).

  1. Viccelio P.(Ed.)Emergency Toxicology. Ed Lippincott-Raven. New York,1998.

Benzodiacepina

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne