Big Little Lies | |
---|---|
![]() Logo da serie. | |
Formato | |
Creado por | David E. Kelley |
Desenvolvido por |
|
Dirixido por | |
Intérpretes | |
Tema de apertura | "Cold Little Heart" de Michael Kiwanuka |
País de orixe | ![]() |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 2 |
Episodios | 14 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) |
|
Localización(s) | Monterey, California |
Cámara | Unha cámara |
Duración | 45–58 minutos |
Distribuidor | |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | HBO |
Formato de imaxe | HDTV 1080i |
Primeiro episodio | 19 de febreiro de 2017 |
Derradeiro episodio | 21 de xullo de 2019 |
Na rede | |
http://www.hbo.com/big-little-lies/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Big Little Lies é unha serie de televisión estadounidense baseada na novela homónima de 2014 de Liane Moriarty. Creada e escrita por David E. Kelley, estreouse en HBO o 19 de febreiro de 2017, e rematou o 21 de xullo de 2019.[2][3] Componse de 14 episodios e dúas tempadas. Orixinalmente descrita como unha miniserie, a primeira tempada foi dirixida por Jean-Marc Vallée, mentres que na segundo tomou o relevo Andrea Arnold.[4][5]
Big Little Lies está protagonizada por Reese Witherspoon, Nicole Kidman, Shailene Woodley, Laura Dern e Zoë Kravitz no papel de cinco mulleres de Monterey, California, que se vén envoltas nunha investigación de asasinato. Alexander Skarsgård, Adam Scott, James Tupper e Jeffrey Nordling tamén aparecen nos papeis secundarios. Na segunda tempada, Meryl Streep uniuse ao elenco principal, mentres que Kathryn Newton e Iain Armitage tiveron máis aparicións e pasaron a ser personaxes recorrentes.