Bimenes[1] é un concello do Principado de Asturias, en España. Limita ao noroeste con Siero, ao nordés con Nava, ao sur con Laviana e ao suroeste con Samartín del Rei Aurelio.
Está situado na zona centro oriental de Asturias. A súa capital é Martimporra, a unha distancia de 32 quilómetros de Oviedo, e a súa principal vía de comunicación é a AS-25, que segue paralela ao curso fluvial do río Pra.