Blues

Blues
Orixe musicalespirituais negros, afroamericano, cancións de traballo
Orixe culturalAntiga expresión musical e cultural do occidente africano (blue notes e chamada-e-resposta), fins do século XIX no Sur dos Estados Unidos de América, especialmente o Delta do Mississippi entre o Río Mississippi e mailo río Yazoo
Instrumentos típicosguitarra, piano, gaita - baixo - batería - vocais
DerivadosRhythm and blues, Soul, Neo soul, Jazz, Rock and roll
Subxéneros
blues feminino clásico - Country blues - Delta blues - Jazz blues - Jump blues - Piano blues
Xéneros de fusión
Blues-rock - Soul blues
Escenas rexionais
blues africano - blues británico - Chicago blues - Detroit blues - Kansas City blues - Louisiana blues - Memphis blues - Piedmont blues - St. Louis blues - Swamp blues - Texas blues - Western blues

O blues[1] é un estilo musical vocal e instrumental que evolucionou dos espirituais, cánticos e cancións de traballo afroamericanos e ten a súa raíz estilística na África Occidental. O blues foi a maior influencia da música popular occidental e americana, con expresión no ragtime, jazz, nas big bands, rhythm and blues, rock and roll e na música country, como tamén na música pop convencional e ata na música clásica moderna.

Este xénero desenvolveuse a través das espirituais, cancións de oración, cancións de traballo, rimas inglesas, baladas escocesas e irlandesas narradas e berros de campo. A utilización das notas do blues e a importancia dos patróns de chamada e resposta, tanto na música como nas letras, son indicativos da herdanza africana-occidental deste xénero. Un trazo característico do blues é o uso extensivo das técnicas "expresivas" da guitarra (bend, vibrato, slide) e da harmónica (cros harp), que posteriormente influirían en solos de estilos como o rock. As cancións de blues son máis líricas que narrativas; o cantante tenta expresar sentimentos no canto de contar historias, onde polo xeral se manifestan emocións tales como a tristeza ou a melancolía, a miúdo debido a problemas no amor. Isto lógrase musicalmente, utilizando as técnicas vocais como «o melisma (soster unha soa sílaba a través de varios lanzamentos), técnicas rítmicas como a sincopación e técnicas instrumentais como afogar ou dobrar cordas de guitarra no colo ou aplicar unha coitela metálica ou colo de botella ás cordas da guitarra para crear un son de xemido».[2]

  1. "blues". Diciopedia do século 21 1. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 327. 
  2. Oliver, Paul (1994). Blues Fell This Morning: Meaning in the Blues. Nova York: Cambridge University Press. 

Blues

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne