Bridesmaids | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Bridesmaids |
Director | Paul Feig |
Produtor | |
Guión | |
Intérpretes | |
Música | Michael Andrews |
Fotografía | Robert Yeoman |
Montaxe |
|
Estudio | |
Distribuidora | Universal Pictures |
Estrea | Westwood: 28 de abril de 2011 13 de maio de 2011 |
Duración | 125 minutos[2] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia |
Orzamento | 32,5 millóns de dólares[3] |
Recadación | 288,4 millóns de dólares[4] |
Na rede | |
http://www.bridesmaidsmovie.com/ | |
Bridesmaids é un filme estadounidense de 2011 dirixido por Paul Feig, escrito por Annie Mumolo e Kristen Wiig e producido por Judd Apatow, Barry Mendel e Clayton Townsend. O argumento céntrase en Annie (Wiig), que sofre unha serie de desafortunados sucesos logo de que lle pidan ser a dama de honra da súa mellor amiga, Lillian, intepretada por Maya Rudolph. Rose Byrne, Melissa McCarthy, Ellie Kemper e Wendi McLendon-Covey interpretan ás outras damas de honra de Lillian, e no filme tamén aparecen Chris O'Dowd, Rebel Wilson, Matt Lucas, Michael Hitchcock, Jon Hamm, Franklyn Ajaye e Jill Clayburgh nos papeis secundarios.[5]