Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Colombia | ||||
Departamentos | Santander | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 614.860 (2023) (3.795,43 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 162 km² | ||||
Altitude | 959 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 22 de decembro de 1622 | ||||
Santo padrón | Laureano | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 680001–680011 | ||||
Prefixo telefónico | 0057 7 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | bucaramanga.gov.co | ||||
Bucaramanga é un concello colombiano, capital do departamento de Santander. Ten unha superficie de 162 km².[1] Atópase no nordeste do país sobre a Cordilleira Oriental dos Andes, a beiras do río de Oro. Bucaramanga conta con 528 683 habitantes (2018)[2] e, xunto con Floridablanca, Girón e Piedecuesta, conforma a área metropolitana de Bucaramanga cun total de 1 141 694 habitantes, sendo a quinta aglomeración urbana máis poboada do país. Atópase a 384 km de Bogotá, capital do país.
Por ser a capital do departamento de Santander, Bucaramanga alberga as sedes da Gobernación de Santander, a Asemblea Departamental, a sede seccional da Fiscalía e a área Metropolitana de Bucaramanga. Xunto co título de capital de Santander, Bucaramanga ostenta os títulos de capital da provincia de Soto e do núcleo de desenvolvemento provincial metropolitano. Bucaramanga está comunicada coas demais cidades do país por estrada; para o transporte aéreo, conta co Aeroporto Internacional Palonegro. Está rodeada polos municipios de Girón, Floridablanca e Piedecuesta, cos cales se conforma a área Metropolitana de Bucaramanga.