A cadaverina (NH2(CH2)5NH2) é unha poliamina do grupo das diaminas producida pola descarboxilación do aminoácido lisina[1] catalizada polo encima lisina descarboxilase (LDC). A cadaverina tamén se chama 1,5-pentanodiamina e pentametilenodiamina. É unha diamina tóxica [2] e fedorenta semellante á putrescina. Ambas as dúas orixínanse durante a putrefacción dos tecidos animais, na que interveñen bacterias saprófitas, pero a cadaverina non se asocia unicamente á putrefacción, xa que os seres vivos tamén a producen en pequenas cantidades e é parcialmente responsable do cheiro caracterísitco dos ouriños e do seme.