Cadherina

Principais interaccións de proteínas estruturais en unións adherentes baseadas na cadherina. Os filamentos de actina están unidos á α-actinina e á membrana a través da vinculina. O dominio da cabeza da vinculina asóciase á E-cadherina por medio das α-, β-, e γ-cateninas. O dominio de cola da vinculina únese a lípidos da membrana e a filamentos de actina.

As cadherinas[1] (nome que deriva de "adhesión dependente do calcio") son unha clase de proteínas transmembrana de tipo-1. Xogan un importante papel na adhesión celular, formando unións adherentes que unen as células entre si nos tecidos. Para funcionar son dependentes do ión calcio (Ca2+).

A superfamilia das cadherinas inclúe as cadherinas, protocadherinas, desmogleínas, e desmocolinas, e algunhas máis.[2][3] En canto á súa estrutura, todas comparten repeticións de cadherina, as cales son dominios de unión ao Ca2+ extracelular. Hai múltiples clases de moléculas de cadherina, cada unha designada cun prefixo (que, en xeral, designa un tipo de tecido ao cal están asociadas). Observouse que as células que conteñen un subtipo de cadherina específica tenden a agruparse xuntas excluíndo outros tipos, tanto en cultivos celulares coma durante o desenvolvemento embrionario.[4] Por exemplo, as células que conteñen N-cadherinas tenden a agruparse con outras células que tamén expresan N-cadherinas. Porén, detectouse que a velocidade de mestura nos experimentos en cultivos celulares pode ter un efecto na extensión da especificidade homotípica das cadherinas.[5] Ademais, varios grupos de investigación observaron unha afinidade polas unións heterotrópicas (entre tipos distintos de cadherina).[6][7] Un modelo actual propón que as células distinguen os subtipos de cadherina baseándose na súa especificidade cinética en vez de na súa especificidade termodinámica, xa que os diferentes tipos de enlaces homotípicos de cadherinas teñen diferentes duracións.[8]

  1. Coordinadores: Jaime Gómez Márquez, Ana Mª Viñas Díaz e Manuel González González. Redactores: David Villar Docampo e Luís Vale Ferreira. Revisores lingüísticos: Víctor Fresco e Mª Liliana Martínez Calvo. (2010). Dicionario de bioloxía galego-castelán-inglés. (PDF). Xunta de Galicia. p. 37. ISBN 978-84-453-4973-1. 
  2. Hulpiau P, van Roy F (2009). "Molecular evolution of the cadherin superfamily". Int. J. Biochem. Cell Biol. 41 (2): 349–69. PMID 18848899. doi:10.1016/j.biocel.2008.09.027. 
  3. Angst B, Marcozzi C, Magee A (2001). "The cadherin superfamily: diversity in form and function". J Cell Sci 114 (Pt 4): 629–41. PMID 11171368. 
  4. Bello S.M., Millo H., Rajebhosale M., Price S.R. (2012) Catenin-dependent cadherin function drives divisional segregation of spinal chord motor neurons. J. Neuroscience 32(2):490-505
  5. Duguay, D.; A. Foty R., RA; S. Steinberg M., MS (2003). "Cadherin-mediated cell adhesion and tissue segregation: qualitative and quantitative determinants". Dev. Biol. 253 (2): 309–323. PMID 12645933. doi:10.1016/S0012-1606(02)00016-7. 
  6. Niessen, Carien M.; Gumbiner, Barry M. (2002). "Cadherin-mediated cell sorting not determined by binding or adhesion specificity". The Journal of Cell Biology 156 (2): 389–399. PMC 2199232. PMID 11790800. doi:10.1083/jcb.200108040. 
  7. Volk, T.; Cohen, O.; Geiger, B. (1987). "Formation of heterotypic adherens-type junctions between L-CAM containing liver cells and A-CAM containing lens cells". Cell 50 (6): 987–994. PMID 3621349. doi:10.1016/0092-8674(87)90525-3. 
  8. Bayas, Marco V.; Leung, Andrew; Evans, Evan; Leckband, Deborah (2005). "Lifetime Measurements Reveal Kinetic Differences between Homophilic Cadherin Bonds". Biophysical Journal 90 (4): 1385–95. PMC 1367289. PMID 16326909. doi:10.1529/biophysj.105.069583. 

Cadherina

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne