Cando menos o esperas | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Something's Gotta Give |
Director | Nancy Meyers |
Produtor | Nancy Meyers Bruce A. Block |
Guión | Nancy Meyers |
Intérpretes | Jack Nicholson Diane Keaton Keanu Reeves Frances McDormand Amanda Peet Jon Favreau |
Música | Hans Zimmer |
Fotografía | Michael Ballhaus |
Montaxe | Joe Hutshing |
Estudio | Waverly Films |
Distribuidora | Columbia Pictures (América do Norte) Warner Bros. Pictures (Internacional) |
Estrea | 12 de decembro de 2003 18 de febreiro de 1989 (TVG) |
Duración | 128 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia romántica |
Orzamento | 80 millóns de dólares |
Recadación | 266 millóns de dólares[1] |
Na rede | |
Cando menos o esperas (en inglés: Something's Gotta Give) é un filme estadounidense de 2003 escrito, producido e dirixido por Nancy Meyers. Está protagonizado por Jack Nicholson e Diane Keaton, que intepretan a dous adultos maduros que encontran o amor malia ser completamente opostos. Keanu Reeves e Amanda Peet son os protagonistas, e Frances McDormand, Paul Michael Glaser, Jon Favreau e KaDee Strickland interpretan os papeis secundarios.
O filme recibiu críticas maioritariamente positivas[2] e foi un éxito nos portelos de América do Norte, recadando máis de 266 millóns de dólares en todo o mundo.[1] Pola súa interpretación, Keaton gañou un Globo de Ouro, un Satellite, así como un nomeamento ós Premios Oscar e ó SAG á mellor actriz, entre outros recoñecementos. Nicholson tamén recibiu un nomeamento ós Globos de Ouro ó mellor actor en comedia ou musical. Este foi o segundo filme de Nicholson e Keaton xuntos dende Reds en 1981.