Cape Town Stadium

Cape Town Stadium
Kaapstad-stadion
Datos
Coordenadas33°54′12″S 18°24′40″L / -33.903461111111, 18.411152777778
LocalizaciónCidade do Cabo, Suráfrica
Construción
Inauguración14 de decembro de 2009
ArquitectoGMP Architekten
Custo$600 millóns
Estadio
SuperficieCéspede
Capacidade69.070
PropietarioKaapstad
Webhttps://capetownstadium.co.za/
Eventos
editar datos en Wikidata ]

O Cape Town Stadium en Cidade do Cabo, Suráfrica, é un estadio deportivo construído para o Mundial de Fútbol de Suráfrica 2010.[1] Durante a fase de proxecto o estadio era coñecido como Green Point Stadium, o cal era o nome da zona deportiva que estaba situada no lugar previamente. Ese nome é aínda ás veces utilizado na documentación do Mundial.

O estadio está situado en Green Point, entre o outeiro de Signal e o océano Atlántico, preto do centro da cidade de Cidade do Cabo e ao Victoria & Alfred Waterfront, un popular centro de comercio e turismo. O estadio ten capacidade para 69.070 espectadores.[2] É tamén coñecido como o African Renaissance Stadium (Estadio do Rexurdimento Africano).

  1. "Stadium Complete". Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2011. Consultado o 10 de xuño de 2010. 
  2. African Renaissance Stadium

Cape Town Stadium

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne