Caradriformes Charadriiformes Rango fósil: Eoceno[1][2][3] - Actualidade (55–0 Ma) | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Larus michahellis, a gaivota máis común en Galicia | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Subordes e Familias | |||||||||||||||||
|
A das caradriformes[4] (Charadriiformes) é unha orde de aves da superorde das neognatas, que comprende unhas 390 especies distribuídas por todo o mundo nunha ampla variedade de hábitats, aínda que todas están relacionadas dunha ou doutra forma coa auga, tanto doce como salgada.
Son aves que poden ser de tamaño pequeno, mediano ou grande. A súa alimentación é variada, como corresponde a un grupo con tanta diversidade, desde as gaivotas, que son practicamente omnívoras, aínda que se alimenten principalmente de peixes, até as que consomen pequenos invertebrados, especialmente crustáceos e moluscos, como as limícolas, cuxa familia máis numerosa é a dos escolopácidos. Quizais as súas representantes máis coñecidas sexan as gaivotas, da familia dos láridos.