Carbeno

Metileno, o carbeno máis simple.

En química, un carbeno é unha molécula que contén un átomo de carbono neutro cunha valencia de dous (coas que se une a dous grupos monovalentes ou a un divalente) e ademais ten dous electróns de valencia non compartidos. A fórmula xeral é R-(C:)-R' ou R=C:.

O termo "carbeno" pode referirse tamén ao composto específico H2C:, tamén chamado metileno, o composto hidruro a partir dos cal derivan formalmente todos os outros carbenos.[1][2]

Os carbenos clasifícanse como singuletes ou tripletes dependendo da súa estrutura electrónica. A maioría dos carbenos teñen moi curta vida, aínda que tamén se coñecen carbenos persistentes.

Un carbeno ben estudado é o Cl2C:, ou diclorocarbeno, que pode xerarse in situ a partir do cloroformo e unha base forte.

  1. Hoffmann, Roald (2005). Molecular Orbitals of Transition Metal Complexes. Oxford. p. 7. ISBN 0-19-853093-5. 
  2. IUPAC, Compendium of Chemical Terminology, 2nd ed. (the "Gold Book") (1997). Online corrected version: (2006–) "carbenes".

Carbeno

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne