Casa de Habsburgo Haus Habsburg |
---|
|
País | Austria, Sacro Imperio Romano Xermánico, Sur de Italia, España, Hungría-Croacia, Bohemia, Inglaterra-Irlanda (Jure uxoris), Portugal, México, Bosnia e Hercegovina e Eslovenia |
---|
Títulos |
|
---|
Fundador | Radbot, Conde de Habsburgo |
---|
Fundación | Século XI |
---|
Disolución | España: 1700 - Carlos II morreu sen descendencia, a pesar de que a dinastía prosegue a partir da descendencia de Xoán Xosé de Austria (único fillo ilexítimo que Filipe IV recoñece), e Carlos Fernando de Austria e Manrique.
Austria e Bohemia: 1780 - María Tareixa, sendo o último membro, sucedeuna seu fillo como xefe da casa de Habsburgo-Lorena. |
---|
Ramas menores |
- Habsburgo-Lorena
- Rama Albertina
- Rama Leopoldina
|
---|
A Casa de Habsburgo (en alemán: Haus Habsburg, [haʊ̯s ˈhaːpsˌbʊʁk] (AFI), escoitar, en castelán: Casa de Habsburgo, en húngaro: Habsburg család, en italiano: Casa d'Asburgo, en neerlandés: Huis van Habsburg, en polaco: dom Habsburgów, en portugués: Casa de Habsburgo, en latín: Domus Habsburgensis, en francés: Maison de Habsbourg, en inglés: House of Habsburg), tamén coñecida como a Casa de Austria (en alemán: Haus Österreich, [haʊ̯s ˈøːstəʁaɪ̯ç] (AFI), escoitar, en castelán: Casa de Austria, en húngaro: Ausztria Háza, en italiano: Casa d'Austria, en neerlandés: Huis van Oostenrijk, en polaco: dom Austrii, en portugués: Casa da Áustria, en latín: Domus Austriæ, en francés: Maison d'Autriche, en inglés: House of Austria) é unha das dinastías máis destacadas da historia europea.
A familia tivo a súa orixe no século XII e o nome deriva de Habichtsburg, o castelo do falcón, a súa morada oficial, construído no 1020, na actual Suíza. En tempos actuais, o cabeza da dinastía foi o príncipe Odón de Habsburgo (1912-2011), e o xefe da casa, o seu fillo o arquiduque Carlos de Habsburgo-Lorena, desde 2007.
Os Habsburgo foron:
- Soberanos de Austria (como duques 1282-1453, arquiduques 1453-1804 e emperadores 1804-1918),
- Soberanos de Alemaña como reis de romanos e emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico (1273-1308 e 1440-1806),
- reis de Hungría (1437-1439, 1445-1457, 1526-1918),
- reis de Croacia (1437-1439, 1445-1457, 1526-1918),
- reis de Bohemia (1306-1307, 1437-1439, 1453-1457, 1526-1918),
- reis de España (1516-1700),
- reis de Portugal (1580-1640),
- reis de Galicia e Lodomeria (1772-1918),
- grandes príncipes de Transilvania (1690-1867),
- grandes duques de Toscana (1737-1801; 1814-1860).
Outras coroas controladas brevemente pola casa foron: