O Cemiterio Nacional de Arlington (en inglés: Arlington National Cemetery) é un cemiterio militar estadounidense do Condado de Arlington, Virxinia. Cruzando o río Potomac dende Washington, D.C., nas 253 ha están enterrados os mortos en conflitos da nación dende a Guerra Civil Estadounidense, así como os mortos doutros conflitos anteriores que foron voltos a enterrar neste cemiterio.
O cemiterio creouse durante a Guerra Civil nas leiras de Arlington House, que fora a casa da familia da muller do xeneral confederado Robert E. Lee, Mary Anna (Custis) Lee (a tatara-tataraneta de Martha Washington). O cemiterio, xunto coa Arlington House, o Memorial Drive, o Hemicycle, e o Arlington Memorial Bridge, forman o Distrito Histórico do Cemiterio de Arlington, listado no Rexistro Nacional de Lugares Históricos en abril de 2014.[1][2]