Cetona

R1(CO)R2, fórmula xeral das cetonas

Unha cetona é un composto químico orgánico que ten un grupo funcional carbonilo (O=C-) que está ligado a dous radicais orgánicos. Este composto presenta unha fórmula xeral: R-C(=O)-R' na que R e R' representan dous radicais, que poden ser o mesmo, dando lugar así a cetonas simples ou tamén chamadas simétricas, ou R e R' poden ser diferentes e nese caso estamos ante unha cetona mixta ou asimétrica. Cando R e R' están unidos fórmase unha estrutura pechada que se chama cetona cíclica.

O grupo funcional carbonilo consiste na unión dun átomo de carbono por medio dun dobre enlace covalente a un átomo de osíxeno e a outros dous átomos de carbono, pero a estes por medio dun enlace simple.


Cetona

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne