ChEMBL

Logo de ChEMBL.

ChEMBL ou ChEMBLdb é unha base de datos química revisada manualmente de moléculas bioactivas con propiedades de fármaco.[1] É mantida polo Instituto Europeo de Bioinformática (EBI, European Bioinformatics Institute), do Laboratorio de Bioloxía Molecular Europeo (EMBL, European Molecular Biology Laboratory), con sede no Wellcome Trust Genome Campus, en Hinxton, Reino Unido.

A base de datos coñecida orixinalmente como StARlite, foi desenvolvida por unha compañía de biotecnoloxía chamada Inpharmatica Ltd. máis tarde adquirida por Galapagos NV. Os datos foron comprados por EMBL en 2008 cun bono de The Wellcome Trust, o que tivo como resultado a creación do grupo de quimioxenómica ChEMBL no EMBL-EBI, encabezado por John Overington.[2][3]

  1. Gaulton, A; et al. (2011). "ChEMBL: a large-scale bioactivity database for drug discovery". Nucleic Acids Research 40: D1100–7. PMC 3245175. PMID 21948594. doi:10.1093/nar/gkr777. Consultado o 2010-11-15. 
  2. Bender, A (2010). "Databases: Compound bioactivities go public". Nature Chemical Biology 309 (6): 309. doi:10.1038/nchembio.354. Consultado o 2010-11-15. 
  3. Overington J (April 2009). "ChEMBL. An interview with John Overington, team leader, chemogenomics at the European Bioinformatics Institute Outstation of the European Molecular Biology Laboratory (EMBL-EBI). Interview by Wendy A. Warr". J. Comput. Aided Mol. Des. 23 (4): 195–8. Bibcode:2009JCAMD..23..195W. PMID 19194660. doi:10.1007/s10822-009-9260-9. 

ChEMBL

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne