Chicago | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Chicago |
Director | Rob Marshall |
Produtor | Martin Richards |
Guión | Bill Condon |
Baseado en | Chicago de Bob Fosse Fred Ebb Chicago de Maurine Dallas Watkins |
Intérpretes | Renée Zellweger Catherine Zeta-Jones Richard Gere Queen Latifah John C. Reilly Lucy Liu Taye Diggs Colm Feore Dominic West |
Música | |
Fotografía | Dion Beebe |
Montaxe | Martin Walsh |
Estudio | Producer Circle Co. Zadan/Meron Production |
Distribuidora | Miramax Films |
Estrea | 27 de decembro de 2002 |
Duración | 113 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Musical |
Orzamento | 45 millóns $[2] |
Recadación | 306,8 millóns de dólares |
Na rede | |
http://www.miramax.com/movie/chicago | |
Chicago é unha filme musical estadounidense dirixido por Rob Marshall en 2002. Baséase no musical homónimo de 1975. Explora os temas da fama, o escándalo e a corrupción en Chicago durante a era do jazz.[3] Está protagonizado por Renée Zellweger, Catherine Zeta-Jones e Richard Gere. Chicago céntrase nas historias de Roxie Hart (Zellweger) e Velma Kelly (Zeta-Jones) dúas asasinas presas que agardan polo seu xuízo no Chicago dos anos vinte. Roxie, unha esposa que quere ser artista de espectáculos, e Velma, unha estrela de vaudeville, loitan pola fama que as afaste da forca. O filme supón o inicio como director de Rob Marshall, que tamén fixo as coreografías do filme, e cuxo guión foi adaptado por Bill Condon, con música de John Kander e letra de Fred Ebb. Aclamada pola crítica, Chicago gañou seis Premios Óscar en 2003, incluíndo o premio ó mellor filme, sendo o primeiro musical en conseguilo dende Oliver! en 1968.[4]