Children of Men | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Children of Men |
Director | Alfonso Cuarón |
Produtor | Hilary Shor Marc Abraham Tony Smith Eric Newman Iain Smith |
Guión | Alfonso Cuarón Timothy J. Sexton David Arata Mark Fergus Hawk Ostby |
Baseado en | The Children of Men de P. D. James |
Intérpretes | Clive Owen Julianne Moore Clare-Hope Ashitey Michael Caine Chiwetel Ejiofor Charlie Hunnam |
Música | John Tavener |
Fotografía | Emmanuel Lubezki |
Montaxe | Alfonso Cuarón Álex Rodríguez |
Estudio | Strike Entertainment Hit and Run Productions |
Distribuidora | Universal Pictures |
Estrea | Festival de Venecia: 3 de setembro de 2006 22 de setembro de 2006 25 de decembro de 2006 |
Duración | 109 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos Reino Unido[2] |
Xénero | Ficción científica |
Orzamento | $76 000 000[3] |
Recadación | $69 959 751[3] |
Na rede | |
http://www.universalstudiosentertainment.com/children-of-men | |
Children of Men é un filme de ficción científica coescrito, coproducido e dirixido por Alfonso Cuarón que se estreou no 2006. Baséase na novela The Children of Men de P. D. James (1992). O filme está ambientado no 2027, cando dúas décadas de infertilidade humana deixaron a sociedade a piques de colapsar. Os inmigrantes ilegais buscan asilo no Reino Unido, onde o goberno impón leis de inmigración opresivas contra os refuxiados. Clive Owen interpreta o civil Theo Faron, que debe axudar a unha refuxiada africana que está embarazada, Clare-Hope Ashitey, a escapar do caos. Outros actores do elenco de Children of Men son Julianne Moore, Michael Caine, Pam Ferris e Chiwetel Ejiofor.
O filme foi estreado o 22 de setembro de 2006 no Reino Unido e o 25 de decembro nos Estados Unidos. Malia a distribución limitada e a recadación limitada en comparación co seu orzamento, Children of Men recibiu louvanzas da crítica e foi recoñecida polos seu guión, fotografía, dirección de arte e os innovadores planos secuencias de acción. Foi nomeado a tres Premios Oscar: mellor guión adaptado, mellor fotografía e mellor montaxe. Tamén foi nomeado a tres premios BAFTA, gañando mellor fotografía e mellor deseño de produción, e a tres Premios Saturn, gañando na categoría de mellor filme de ciencia ficción.