Cincenta

Cincenta
Cincenta nunha ilustración de Carl Offterdinger..
Título orixinalCendrillon (Perrault); Aschenputtel (Grimm)
Autor/aCharles Perrault, irmáns Grimm
Ilustrador/aCarl Offterdinger
OrixeFrancia
Linguafrancés, alemán
Xénero(s)Conto de fadas, literatura infantil
Data de pub.1697 (Perrault)
editar datos en Wikidata ]

Cincenta é un dos contos de fadas máis populares da humanidade, de cuxa historia hai varias versións eurasiáticas, orais e escritas. Tamén recibe os nomes de Cinsenta ou Cinderella.

A súa orixe ten diferentes versións. A máis coñecida é a do escritor francés Charles Perrault, de 1697, baseada nun conto italiano popular chamado A Gata Borralleira (en italiano, La Gatta Cenerentola; no orixinal napolitano, La gatta cennerentola). A máis antiga é orixinaria da China, arredor do ano 860 a. C.. Existe tamén a dos Irmáns Grimm, semellante á de Charles Perrault, porén, non hai a figura da fada madriña e quen cumpre o desexo de ir ao baile son os pombos e a árbore. Neste caso, Cincenta coñece palabras máxicas, usadas en imperativo, que producen a transformación dos seus degoiros en realidade. Ao final, os pombos furan os ollos das irmás malvadas, que fican cega. Segundo outras versións a figura da fada madriña é en verdade o espírito da finada nai da propia protagonista que trouxo un vestido do ceo para Cincenta usar no baile.

Psicanalistas ven na historia da Cincenta moito máis ca unha simple trama romántica. Por ter orixe atemporal e ter xurdido en varias civilizacións diferentes, a traxectoria da protagonista traduciría unha especie de arquetipo fundamental, traducindo a arela natural da psique humana en ser recoñecida especial e levada a unha existencia superior. A literatura e o cinema, conscientes diso, utilizaron o seu arco dramático para o desenvolvemento de innúmeras outras obras de interese popular. Alén do famoso filme de animación de Walt Disney en 1950 (Cinderella) - A Disney sempre buscou inspiración nos contos de fadas - cómpre salientar o filme Pretty Woman, protagonizado por Julia Roberts, e que foi éxito de portelo nos anos 1990.


Cincenta

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne