Cinema de Francia

O cinema de Francia refírese á industria cinematográfica establecida en Francia. O cinema francés comprende os filmes realizados en Francia ou realizados no estranxeiro por parte de cineastas franceses.

Francia foi o lugar de nacemento do cinema e de moitos dos seus pioneiros.[1]

Con 206,5 millóns de entradas vendidas no 2010 e 215,6 no 2011,[2] Francia é o terceiro maior mercado do mundo en canto ao número de entradas (tralos Estados Unidos e a India) e en canto aos ingresos (tralos Estados Unidos e o Xapón).[3][4] É a industria cinematográfica de maior éxito de Europa por número de filmes producidos anualmente, cunha marca de 261 en 2010[5] é tamén un dos países onde as producións non estadounidenses teñen maior cota, pois os filmes estadounidenses supuxeron só o 47,7% das entradas no 2010.[6] En 2013 foi o segundo país do mundo por exportación dos seus filmes.[7]

  1. Riding, Alan (28 de febrero de 1995). "The Birthplace Celebrates Film's Big 1-0-0". The New York Times. 
  2. "Fréquentation record des salles de cinéma françaises en 2011". Le Monde. 13 de abril de 2012. Consultado o 19 de abril de 2012. 
  3. [1]
  4. GreenAsh (ed.). "World domination by box office cinema admissions". Consultado o 19 de abril de 2012. 
  5. "Cinéma : record pour la production de films en France en 2010... grâce aux aides publiques". La Tribune. Consultado o 19 de abril de 2012. 
  6. Next.liberation.fr (ed.). "2010, année très cinéphile en France | Next". Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2012. Consultado o 19 de abril de 2012. 
  7. [2]

Cinema de Francia

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne