Clueless | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Clueless |
Director | Amy Heckerling |
Produtor | |
Guión | Amy Heckerling |
Intérpretes | Alicia Silverstone |
Música | David Kitay |
Fotografía | Bill Pope |
Montaxe | Debra Chiate |
Estudio | Paramount Pictures |
Distribuidora | Paramount Pictures |
Estrea | ![]() |
Duración | 97 minutos[1] |
Orixe | ![]() |
Xénero | Comedia adolescente |
Orzamento | 12 millóns de dólares[2] |
Recadación | 56,6 millóns de dólares[3] |
Na rede | |
http://www.cluelessondvd.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Clueless é un filme estadounidense de 1995 escrito e dirixido por Amy Heckerling. Está protagonizado por Alicia Silverstone, Stacey Dash, Paul Rudd, Dan Hedaya e Brittany Murphy. Foi producido por Scott Rudin e Robert Lawrence. Está vagamente baseado na novela de 1815 Emma de Jane Austen, ambientado no tempo moderno en Beverly Hills.[4][5] O argumento céntrase en Cher Horowitz, unha moza adolescente e rica que se fai amiga dunha nova estudante chamada Tai Frasier e decide darlle un cambio de imaxe.
Clueless foi rodado en California ó longo de 40 días. A directora do filme estudou os estudantes de institutos reais de Beverly Hills para aprender a fala e as expresións dos adolescentes da década de 1990.
O filme recadou 56,1 millóns de dólares nos Estados Unidos. Recibiu valoracións positivas por parte da crítica e é considerado un dos mellores filmes adolescentes de tódolos tempos.[6][7][8][9] Clueless converteuse nun filme de culto e tivo continuación nunha serie de televisión, nunha serie de libros e Paramount Studios anunciou que estaba a producir un remake.