Comunidad de Madrid (es) | |||||
Himno | Hymn of the Community of Madrid (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | España | ||||
Capital | Madrid | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 7.000.621 (2023) (872,03 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 8.028 km² | ||||
Bañado por | Río Texo, Río Jarama, Río Guadarrama, Río Manzanares, Río Lozoya, Río Henares e Río Tajuña | ||||
Altitude | 678 m | ||||
Punto máis alto | Peñalara (2.430 m) | ||||
Punto máis baixo | Río Texo (470 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1983 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Goberno da Comunidade de Madrid | ||||
• Presidente da Comunidade | Isabel Díaz Ayuso (2019–) | ||||
Órgano lexislativo | Asemblea de Madrid , (Escano: 136) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | ES-MD | ||||
Código NUTS | ES30 | ||||
Código INE | 28 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Pequín (2005–) | ||||
Sitio web | madrid.org | ||||
A Comunidade de Madrid[1] (en castelán: Comunidad de Madrid) é unha comunidade autónoma de España uniprovincial situada no centro da Península Ibérica, no centro da Meseta Central. Limita coas provincias de Guadalaxara, Cuenca, Toledo, Ávila e Segovia. A súa capital, Madrid, é tamén a capital de España. Non existe a Deputación ao ser uniprovincial.
A súa poboación estimada é de 7 000 621 habitantes (INE 2023) e a maioría concéntrase na área metropolitana da cidade.
O seu Estatuto de Autonomía aprobouse por Lei Orgánica de 25 de febreiro de 1983 [2] e entrou en vigor o 1 de marzo dese mesmo ano.