O Consello Lexislativo Palestino (ás veces referido ao Parlamento Palestino), o poder lexislativo da Autoridade Nacional Palestina, é unha unicamera con 132 membros, elixidos nos 16 distritos electorais en Cisxordania e Gaza. A sede do Consello Lexislativo Palestino está Rimal, Gaza.[1]
As primeiras eleccións ao Consello tiveron lugar en 1996 e Fatah ocupou 49 dos 88 asentos. O Consello Lexislativo Palestino aprobou unha nova lei en xuño de 2005, incrementando o número de membros de 88 a 132, dos cales a metade son elixidos mediante un sistema de Representación proporcional e a outra metade por escrutinio maioritario plurinomial. Tiveron lugar unhas novas eleccións o 25 de xaneiro de 2006.
O Consello Lexislativo Palestino non puido gobernar debido a que algúns dos seus membros están presos por Israel, o Conflito entre Hamás e Fatah e o aprazamento indefinido das eleccións por parte dos dirixentes de Fatah.[2][3]
O emblema utilizado polo Consello Lexislativo Palestino coñécese como "Aguia de Saladino."
A sede do Consello bombardeouna o exército israelí o 20 de novembro de 2012.