Corea

Modelo:Xeografía políticaCorea
Imaxe

EpónimoGoryeo Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 38°19′00″N 127°14′00″L / 38.3167, 127.2333
Xeografía
Superficie219.155 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar do Xapón, Mar Amarelo e Mar da China Oriental Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Namhae (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Sucedido porCorea do Norte e Corea do Sur Editar o valor en Wikidata

BNE: XX452209

Corea (/koˈɾe.a/; en coreano: 한국 [ˈha̠(ː)nɡuk̚], romanizado: Hanguk, lit. "Pobo dos Han",[1] en Corea do Sur; 조선 [t͡ɕo̞sʰʌ̹n], romanizado: Joseon, lit. "[terra da] Mañá Prístina", en Corea do Norte) é unha rexión peninsular, así coma unha entidade xeográfica e cultural, dividida segundo o paralelo 38o N, agora coñecido coma a zona desmilitarizada de Corea, dende 1945. Dous estados declararon a súa independencia en 1948, ambos reclamando soberanía sobre toda Corea; Corea do Sur (República de Corea), que abrangue a metade meridional, e Corea do Norte (República Popular e Democrática de Corea), que comprende a súa metade norte. A rexión consiste da península coreana, da illa Jeju, e de multitude doutras illas e illotes menores próximos á península. Esta última, linda coa China ao norte e con Rusia ao nordés, a través dos ríos Yalu e Tumen. Está separada do Xapón ao sueste, polo estreito de Corea.

A cadea montañosa de Taebaeksan corre ao longo da costa oriental, onde as grandes ondas do mar do Xapón esculpiron enormes cantís e illotes rochosos. As ladeiras do sur e do oeste presentan un relevo suave, que forma chairas e unha multitude de pequenas illas con pequenas calas. O cume máis alto é a montaña Baekdusan, en Corea do Norte, que se eleva 2744 msnm, na fronteira setentrional que linda coa China.

  1. "이기환의 흔적의 역사]국호논쟁의 전말 ... 대한민국이냐 고려공화국이냐" (en coreano). 

Corea

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne