Corpus Christi

Alfombras florais en Ponteareas.

O Corpus Christi (en latín Corpo de Cristo) é unha festa da Igrexa Católica destinada a celebrar a Eucaristía.

A súa principal finalidade é proclamar e aumentar a fe da Igrexa na presenza de Xesús Cristo no Santísimo Sacramento. A celebración lévase a cabo o seguinte xoves ao oitavo domingo despois do Domingo de Resurrección (é dicir, 60 días despois dese día; formalmente é o xoves que segue ao noveno domingo seguinte á primeira lúa chea de primavera do hemisferio norte). Nalgúns lugares a festa trasládase ao domingo seguinte para adaptarse ao calendario laboral.

En moitos lugares é unha festa de especial relevancia e en varios países é un día festivo oficial (certas partes de España, Austria, partes de Alemaña e Suíza, Brasil, República Dominicana, Bolivia, Croacia, Polonia, Trinidad e Tobago, Portugal, Perú e Venezuela).


Corpus Christi

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne