Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Benín | ||||
Departamento | Littoral ![]() | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 679.012 (2013) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 79 km² ![]() | ||||
Altitude | 3 m ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Luc Atrokpo ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | Rosny-sous-Bois Žilina Atlanta Lagos, Nixeria Taipei (1967–) Créteil (1986–) Ningbo (2012–) Abidjan (2012–) Xenebra (2018–) ![]() | ||||
![]() |
Cotonou, anteriormente Kotonu,[1] é a meirande cidade e o centro económico de Benín, mais a capital é Porto Novo.
A poboación oficial era de 761.137 habitantes no 2006. Porén, algunhas estimacións indican que pode ser superior a 1,2 millóns. A poboación na década de 1960 era de só 70.000 persoas. A área urbana está a medrar principalmente cara ó oeste. A cidade está localizada ó sueste do país, entre o océano Atlántico e o lago Nokoué.[2]
Ademais de ser a maior cidade de Benín, é a sede de moitos dos servizos diplomáticos e do goberno. A cidade ten un gran porto, un aeroporto e unha liña de tren que conecta con Parakou.