Cromosoma 18 humano | |
---|---|
Cromosomas do par 18 humano con bandeado G. En cada individuo un dos cromosomas deste par procede da nai e o outro do pai. | |
Cromosomas do par 18 nun cariograma humano masculino. | |
Características | |
Lonxitude (bp) | 80,373,285 bp (GRCh38)[1] |
No. de xenes | 261 (CCDS)[2] |
Tipo | Autosoma |
Posición do centrómero | Submetacéntrico[3] (18.5 Mbp[4]) |
Lista completa de xenes | |
CCDS | Lista de xenes |
HGNC | Lista de xenes |
UniProt | Lista de xenes |
NCBI | Lista de xenes |
Visores de mapa externos | |
Ensembl | Cromosoma 18 |
Entrez | Cromosoma 18 |
NCBI | Cromosoma 18 |
UCSC | Cromosoma 18 |
Secuencias de ADN completas | |
RefSeq | NC_000018 (FASTA) |
GenBank | CM000680 (FASTA) |
O cromosoma 18 humano é un cromosoma pertencente a un dos 23 pares de cromosomas humanos. Posuímos normalmente dúas copias deste cromosoma nas nosas células diploides e unha copia nas nosas células haploides ou gametos. Pola posición do seu centrómero clasifícase como cromosoma submetacéntrico. O cromosoma 18 está formado por uns 85 millóns de pares de bases e representa aproximadamente o 2,5 % do total de ADN da célula.
A identificación de xenes é unha activa área da investigación xenética, e hai varios métodos para predicir o número de xenes existentes nun cromosoma, polo que as cifras poden variar. Estímase que o cromosoma 18 contén probablemente entre 300 e 400 xenes. É o cromosoma de menor densidade de xenes do cariotipo humano [5].