Mostra de cuarcita.
A cuarcita , ás veces chamada metacuarcita , é unha rocha metamórfica dura cun alto contido de cuarzo ,[ 1] [ 2] de textura non foliada.[ 3] A súa coloración pode ser branca, gris, rosada o avermellada.[ 1] [ 4]
A cuarcita ten unha superficie granulada, como papel de lixa, que lle dá unha aparencia vidrosa.
Na súa composición, a maioría das cuarcitas chegan a ter máis do90 % de cuarzo e algunhas incluso 99 %.[ 1]
Cuarcita da formación da Prospect Mountain , no pico Jeff Davis, en Nevada , Estados Unidos .
O termo cuarcita a miúdo é usado erroneamente[ 5] para designar á cuarzoarenita ou ortocuarcita, rocha sedimentaria cementada con sílice que precipitou de augas intersticiais durante a súa diaxénese .[ 1] [ 2]
Bifaces de cuarcita encontrados en Stellenbosch , Suráfrica .
↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 quartzite , Encyclopedia Britannica Academic Edition. Consultada o 2 de maio de 2015.
↑ 2,0 2,1 kvartsit Den Store Danske Encyklopædi. Consultada o 2 de maio de 2015.
↑ Quartzite Arquivado 02 de marzo de 2009 en Wayback Machine . Powell, Darryl. Mineral Information Institute. Consultadao o 2 de maio de 2015.
↑ Kvartsitt Store norske leksikon. Consultada o 2 de maio de 2015.
↑ Ireland, H. A. (1974). "Query: Orthoquartzite????". Journal of Sedimentary Petrology 44 (1): 264–265. doi :10.1306/74D729F0-2B21-11D7-8648000102C1865D .