DAPI | |
---|---|
2-(4-Amidinofenil)-1H-indole-6-carboxamidina | |
Outros nomes 4′,6-Diamidino-2-fenilindol | |
Identificadores | |
Número CAS | 28718-90-3 |
PubChem | 2954 |
ChemSpider | 2848 |
ChEBI | CHEBI:51231 |
ChEMBL | CHEMBL48217 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 Image 2 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C16H15N5 |
Masa molar | 277,32 g mol−1 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
O DAPI ou 4′,6-diamidino-2-fenilindol é unha tinguidura fluorescente que se une fortemente a rexións ricas en adenina–timina no ADN. É amplamente utilizado en microscopía de fluorescencia. Como o DAPI pode atravesar unha membrana celular intacta, pode utilizarse tanto con células vivas coma fixadas, aínda que pasa con máis dificultade polas membranas de células vivas, orixinando unha tinguidura menos efectiva.